O Papa Noel larpeiro
no ceo mais alto está.
Subido no seu trineo
e non ten trazas de baixar!
Está come que te come
nos doces do Nadal.
O Papa Noel larpeiro
sen xoguetes non ha deixar.
O Papa Noel lambón
comeu tódo-los bombóns.
Coa enchenta que pillou
o barrigón estopou!
-Ai,home: como vas facer
coa enchenta que pillaches,
os xoguetes ós nenos e nenas,
non poderás levar.
pois pola chimenea non poderás entrar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario