lunes, 10 de diciembre de 2012

O MENIÑO QUE CHORABA

Nun portal moi escuro 
había un boi que rumiaba,
unha mula moi peluda
e un Meniño que choraba.

Súa Nai con gran mimo
panxoliñas lle cantaba 
para intentar que durmira
o Meniño que choraba.

"Durme meu Meniño durme
 ata que chegue a luz da alba
 que teñas soños fermosos
de príncipes e de fadas ".

Con tanto amor e cariño
a Virxe lle susurraba
que en pouco tempo adormeceu
o Meniño que choraba.

O neno Xesús


O  neno Xesús
ten moita famiña
dámoslle carne de galiña.


O neno Xesús
ten moito frío
dámoslle un caldiño.


O neno Xesús
está un poquiño triste
cantámoslle vilancicos
e dámoslle moitos bicos.

O NADAL

Nun portal moi escuro
había un boi que rumiaba,
unha mula moi peluda
e un Meniño que choraba.

Súa Nai con gran mimo
panxoliñas lle cantaba
para intentar que durmira
o Meniño que choraba.

"Durme meu Meniño durme"

¿Sabes que é o Nadal?


O Nadal non é Papá Noel
aunque che traiga un lápiz e un papel.
O Nadal non son as panxoliñas
aunque sexan todas bonitiñas.
O Nadal non son os doces
aunque mo digas con cen voces.
O Nadal non son os adornos
aunque sexan todos moi fermosos.
¿Sabes que é o Nadal? Amiguiño

O NADAL

Sentadiña                                                                                                        
  o pé do lume                                                              
       vendo as lapas relustrar,    
         asi atopei o meniño ;
 ¡por fín chegou o Nadal!                                                                                                                                                                                                                                   Tente quedo,           
    non te movas,  
   non te volvas a marchar      
        que estamos fartos de todo,    
 que estamos faltos de PAZ.                                  

O PAPA NOEL LARPEIRO

O Papa Noel larpeiro
no ceo mais alto está.
Subido no seu trineo
e non ten trazas de baixar!
 
Está come que te come 
nos doces do Nadal.
O  Papa Noel larpeiro
sen xoguetes non ha deixar.

O Papa Noel lambón
comeu  tódo-los bombóns.

Coa enchenta que pillou
o barrigón estopou!

-Ai,home: como vas facer 
coa enchenta que pillaches,
os xoguetes ós nenos e nenas,
non poderás levar.
pois pola chimenea  non poderás entrar!

UN NADAL DE CONTO

Os personaxes dos contos
para festexa-lo Nadal, 
fixeron entre todos
un Belén espectacular.

Brancaneves fixo de Virxe
e o Príncipe de San Xosé.
¿Quen podía facer o Neno?
Pulgariño, que é pequeno.

Carrapuchiña Vermella
coa súa avoa e o cazador,
levaba unha cesta chea
de ovos, mel e arroz.

De anxo fixo Pinocho,
que agora xa non mentía,
o seu lado Pepito Grillo
unha estrela parecía.

Faltaban os tres Magos
para trae-los regalos,
convertiríanse en raíñas
as tres fadas madriñas

O ogro, a bruxa e o lobo
non quixeron se-los malos
e todos eles xuntos
panxoliñas cantaron.

O Belén xa está listo,
cada un no seu lugar,
agora eu me despido
desexándovos ¡¡Bo Nadal!!

NADAL COS AVÓS

En familia, todos xuntos,
     na cea de Noiteboa
   celebramos o Nadal
  ó lado do avó e da avoa.

Ceamos cousas moi ricas
 e cantamos panxoliñas
 pero o que máis nos importa
 é alegrar as súas cariñas.

Están ledos os avós
vendo xunta a súa familia.


Todos os queremos moito
  éles por nós dan a vida.

Temos que dar ós  maiores,
  nestas datas de cariño
 o amor que eles nos deron
 ¡hai que ser agradecidos!

AS DOCE ESTÁN DANDO

As doce están dando

e o neno chorando.

A Virxe María

o está consolando.

Encende o cadil

San Xosé, que vela,

e mira quen anda 

pola cabeceira.

Os anxos son,

que van a cabalo 

e collen o Neno,

envolto nun pano.

-¿De quen é o Neno,

-De Santa María.

-¿Onde está María

-Buscando as chaves

para abrir o ceo,

pola camisiña

de punto real

desde Neno pequeno

que está no portal.

DIN,DON,DAN

Din,don,dan,
é a noite do Nadal
¡ qué ben o imos pasar !
 

Din,don,dan,
a familia no fogar
imos xuntos a cear.


Din,don,dan,
imos todos celebrar
que o Neno naceu xa.


Din,don,dan,
imos todos a tomar 
turrón e o mazapán.

UN SOÑO

Eu dormindo estaba

e un anxo chegou

e dixome baixiño:

corre ó salón.


Alí me esperaban

María e Xóse

os reises,os paxes

e o neno tamen.

 

-Quedeime asustada

e sen me mover,

maría e Xosé dixeronme:

 ¡ ven!

 

Biquei o meniño

e o acariciei,

voltei ó meu cuarto 

e me despertei.

CONTOS DO NADAL

Unha estrela fugaz 
Saliu en busca de paz  .
 
a pasar o neno xesùs 
Abriu a ventà e deulle un  achùs.

Colleu ò neno e pùxoo ben enmantado
E a virxe maria fixolle  leite requeimado.

Tempo tan frío,tempo de inverno e tempo de paz 
Este catarro o neno por ver unha estrela fugaz.

SOÑOS DE NADAL

Soña o ceo,
soña a estrela,
soña o vento
e soña o mar.

Todos soñan co nadal.

Soña o neno que ten frío,
soña a nai que non ten lá.
Soña a neve que caera
o outro día polo chan.

E todos soñan e soñan
qué regalos traerán
os Tres que sempre soñaron
os Tres que pronto virán.

Para o neno unha chaqueta,
unha chaqueta de lá.
Para o ceo unha estrela
e para o vento e o mar.

RECURSOS PARA O NADAL

RECURSOS NADAL
Esta é a nosa páxina de recursos para o Nadal . Premendo sobre a imaxe toparedes mil cousas relacionadas coas festas que xa veñen: xogos, manualidades, contos, música, láminas para colorear, información de como se celebra en diferentes culturas.... unha xoia! Esperamos que de verdade sirva para pasalo ben, ben, ben!