lunes, 17 de noviembre de 2014

ASÍ CELEBRAMOS O NOSO MAGOSTO

Aínda que o día non prometía celebramos o Magosto.

REFRÁNS:

·                     As castañas do castiñeiro hainas que asar no asadeiro.

·                     Castañas, noces e viño fan a ledicia de san Martiño.

·                     Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai ruín viño.

·                     Fíate nas castañas asadas, que se estoupan sairanche á cara.

·                     Non hai ruín viño con castañas asadas e sardiñas salgadas.

·                     Polo san Martiño, castañas e viño.

·                     Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e mosto.

·                     Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto.

·                     Se o mes de agosto vén claro, bo magosto e bo nabo; se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados.

 

Os rapaces pasárono estupendamente e fartáronse de castañas!!!!!!!

 

 

CABAZAS CON PREMIO.

Xa hai varios días que estaba pendente publicar os gañadores/as dos premios do concurso de cabazas que fixemos durante o Halloween-Samaín. Velaquí están os/as gañadores/as.

PARABÉNS, GAÑADORES/AS!!!

As nosas felicitacións a todos/as nenos/as que participaron e as súas familias polo estupendo traballo realizado. Para o ano....máis e mellor!!!

CHEGOU O SAMAÍN

Rematou o verán e comezou o outonoépoca de vendimias, castañas e, como non, de pasar un pouquiño de medo  co Samaín. Como sabedes esta festa celébrase na noite do 31 de Outubrodata na que comezaba o aninovo celta, nesta noite as ánimas dos difuntos visitaban as casas das súas familias para quentarse ao carón do lume e tomar algo de alimento. 

Esperamos que o pasedes de medo!!!


martes, 28 de octubre de 2014

RECURSOS DE OUTONO, MAGOSTO E SAMAÍN

Chegan as celebracións do outono e con elas o Samaín e o Magosto. Como nas aulas xa entramos de cheo na súa preparación, velaí vai a nosa selección de actividades e recursos para traballalos. So tes que premer nas diferentes imaxes de abaixo.


viernes, 6 de junio de 2014

CONTOS VELLOS PARA RAPACES NOVOS




Contando coa colaboración das familias levamos a cabo esta actividade para a recuperación  da tradición oral. Foi todo un éxito!!!!